Dom, 11 Set 2011, 18:44
Asunto: ASICS GEL TRABUCO GORETEX NON TRANSPIRAN
Ola amigos, teño un problema, resulta que levo tempo usando as
Asics Gel Trabuco, e estou contentisimo con elas, as prestacions son moi boas, e por iso decidín mercar outro par de zapas do mesmo modelo, pero esta vez as
Goretex, agardando unha mellora sustancial na protección do pe. Fixen duas saidas longas con elas, de 2 horas polo monte, na miña preparación para a maratón de Penedos do lobo, e coa sudoración que cae polas pernas, sumada a do propio pe, encharcouseme o calcetín e a plantilla da zapa, ata o punto de correr facendo o tipico ruido do pe cheo de auga e ao chegar a casa escurrín tanto o calcetín coma as plantillas e non vexades como caía auga!!...
Non sei si isto lle pasa a alguén mais, pero eu terei que correr en Penedos coas vellas, porque si en duas horas me pasa isto, non me quero imaxinar o que pasaría por riba de 4 horas...Un saudo e agardo os vosos comentarios.