Mér, 14 Set 2011, 21:12
Asunto: Re: I Ruta Aquama en Culleredo
Abierto prazo de inscrpción en championchip. Adelanto de reglamento:
I RUTA AQUAMA 2011
O PARQUE ACUÁTICO “AQUAMA” organiza o domingo 2 de outubro a partir das 10:30 horas a I Ruta Aquama, carreira pedestre con saída e chegada no Parque Deportivo de Acea de Ama, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación da Coruña.
2) CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMÍN: atletas nados en 2004 e posteriores.
BENXAMÍN: atletas nados en 2002 e 2003.
ALEVÍN: atletas nados en 2000 e 2001
INFANTIL: atletas nados en 1998 e 1999.
CADETE: atletas nados en 1996 e 1997.
XUVENIL-JUNIOR: atletas nados en 1992, 1993, 1994 e 1995.
PROMESA-SENIOR: atletas nados en 1991 ata veteráns.
VETERANOS A: atletas nados entre 1971 e 1976.
VETERANOS B: atletas nados entre 1966 e 1970.
VETERANOS C: atletas nados entre 1956 e 1965.
VETERANOS D: atletas nados entre 1955 e anteriores.
VETERANAS A: atletas nadas entre 1966 e 1976.
VETERANAS B: atletas nadas entre 1965 e 1956.
VETERANAS C: atletas nadas entre 1955 e anteriores.
3) DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA
PROBA
DISTANCIA
10:30 h
XUVENIL-JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS
8000 m aprox
11:30 h
INFANTÍL e CADETE
2230 m aprox
11:50 h
BENXAMÍN e ALEVÍN
1050 m aprox
12:10 h
PREBENXAMÍN
300 m aprox
12:45 h
ENTREGA DE TROFEOS
COMPLEXO DEPORTIVO
4) INSCRICIÓNS
PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete).
Poderán realizalas a través da web
www.atletismogalego.org (apartado “Inscripcións online” picar sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición).
Teléfono de información: 981 291799.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
CATEGORÍAS DE ADULTOS (xuvenil-junior, promesa-senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web
www.championchipnorte.com. O prezo único da inscrición será de 5 € .
SOCIOS DO COMPLEXO ACUÁTICO DE ACEA DE AMA. A inscripción
sera gratuita, (tanto adultos como escolares), e terán que realizar a súa inscrición de xeito obrigatorio na recepción do Parque Acuático onde deberán facilitar os seus datos persoais no momento da inscrición.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 664500 en horario: 07:30 a 22:00 horas.
INSCRICIÓN POR CLUBES.
Para entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web
www.championchipnorte.com e remitir un FAX (981 292056) ou correo electrónico (gestion@fgatletismo.com) cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO NON PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Só se admitirá a participación de clubes federados nesta premiación.
Admitiranse inscricións ata o o xoves 29 de setembro ás 22 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Complexo Deportivo.
5) PREMIOS.
Medallas para todolos participantes na categoría prebenxamin.
Trofeos os tres primeiros clasificados/as en todas as categorías establecidas, agás na categoría prebenxamín.
Camiseta conmemorativa do evento para tódolos participantes na carreira absoluta. (Dende Xuvenil a Veteranos).
Bebida e froita para todos os participantes.
PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira XUVENIL-JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 75 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 4º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 6 corredores do clube logren concluir a carreira.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados na entrega de premios a través de cheque o portador. Os atletas e clubes premiados deberán acreditar a súa identidade mediante a presentación de DNI, pasaporte ou carnet de conducir (no caso de clubes o seu representante).
6) Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
“En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
“Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.
7) As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.
Haberá Servicio de Fisioterapia e Duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de Acea de Ama.
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).