Foros ›
XIII Carreira Popular Concello de Viveiro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
lunaplateada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/03/06
0 Carreiras
179 Mensaxes
VIVEIRO
Respostar citando Envío Lun, 12 Set 2011, 17:07
Asunto: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO- MEMORIAL JULIAN BERNAL-
HOMENAXE A CRISTOBAL RODRÍGUEZ

SÁBADO 24-SETEMBRO
Saída xunto ó Pabellón Municipal
AS 5 DA TARDE CARREIRAS, CATEGORÍAS MENORES

DOMINGO 25-SETEMBRO
Saída e chegada Pabellón Municipal
AS 11:30 DA MAÑÁ CARREIRA ABSOLUTA

Regulamento xeral da carreira popular
1° A saída e a meta estarán situadas a carón do Pabellón Municial.
2° No transcurso da proba farase un control de dorsais.
3° A carreira absoluta terá un percorrido de 12 km aproximadamente.
4° Dado o carácter deportivo e popular da proba, a Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
5° En caso de dúbida, prevalecerá o criterio da Organización.
6° Haberá duchas ó remate da proba.
7° O sábado entregaranse dorsais ata as 4:30 ás categorías inferiores.
8° O domingo entregaranse dorsais ata as 11:00 horas.
9° As inscripcións formalizaranse ata o día 23 de Setembro
no número de teléfono: 982-598160
e no e-mail: egovarros (arroba) gmail.com


CATEGORÍAS
A BIBERÓN: 0-7 ANOS.
B BENXAMÍN: 8-10 ANOS.
C ALEVÍN FEMININO: 11-12 ANOS.
D ALEVÍN MASCULINO: 11-12 ANOS.
E INFANTIL FEMININO: 13-14 ANOS.
F INFANTIL MASCULINO: 13-14 ANOS.
G CADETE FEMININO: 15-16 ANOS.
H CADETE MASCULINO: 15-16 ANOS.
I XUNIOR FEMININO : 17-20 ANOS.
J XUNIOR MASCULINO: 17-20 ANOS.
K SENIOR FEMININO: 21-34 ANOS.
L SENIOR MASCULINO: 21-34 ANOS.
M VETERANOS A MASCULINO: 35-39 AN0S.
N VETERANAS A: 35-44 ANOS.
O VETERANOS B: 40-44 ANOS.
P VETERANAS B: 45-54 ANOS.
Q VETERANOS C: 45-49 ANOS.
R VETERANAS C: 55 EN ADIANTE.
S VETERANOS D: 50-54 ANOS.
T VETERANOS E: 55-59 ANOS.
U VETERANOS F: 60 ANOS EN ADIANTE.

PERCORRIDO
100 metros para a CATEGORÍA: A
900 metros para as CATEGORÍAS: B C
1900 metros para as CATEGORÍAS: D E
2900 metros para as CATEGORÍAS: F G
12000 metros para o resto das categorías

PREMIOS EN METÁLICO
150€, 100 €, 75€, 50€, 25€


En metálico, para os 5 primeiros homes da xeral e as 5 primeiras mulleres da xeral.
Os premios en metálico e os trofeos non serán acumulativos

TROFEO para os 3 primeiros de cada Categoría.
CAMISETAS para tódolos participantes que rematen a proba.
Ó remate da proba haberá pinchos para todos os participantes



PARA CALQUERA DÚBIDA, POÑEDEVOS EN CONTACTO CON NÓS NO CORREO : egovarros @ gmail.com



ESPERÁMOSVOS EN VIVEIRO!

lunaplateada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/03/06
0 Carreiras
179 Mensaxes
VIVEIRO
Respostar citando Envío Lun, 12 Set 2011, 17:10
Asunto: Re: XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

ESTE ANO CONTAREMOS COMO EN ANOS ANTERIORES CON ALBERGUE GRATUITO PARA OS PARTICIPANTES QUE QUEIRAN PASAR A NOITE DO SÁBADO 24 Ó DOMINGO 25.

DEBERASE SOLICITAR CON ANTERIORIDADE.
ESKORPYON

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/02/06
0 Carreiras
144 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Lun, 12 Set 2011, 20:33
Asunto: Re: XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

alli estare al pie del cañonnnn
supermorais

Montañés
Montañés
5/06/04
187 Carreiras
2952 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2011, 20:57
Asunto: Re: XIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

Moita sorte os desexamos dende O Grove, onde , como cada ano coincidimos o mesmo día celebrando unha carreira popular.
lunaplateada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/03/06
0 Carreiras
179 Mensaxes
VIVEIRO
Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2011, 14:44
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Grazas Supermorais, sorte para a vosa organización tamén, un saúdo
okendo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
11/05/09
0 Carreiras
77 Mensaxes
San Pedro-Barreiros
Respostar citando Envío Ven, 16 Set 2011, 17:18
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Muy buena la Carrera de Viveiro, la conozco de primera mano y merece la pena hacerla animaros.
Tambien buenisima la idea de Hace un Memorial a Julian Bernal y un Homenaje al Runner Vivariense Cristobal Rodriguez canterano de dicho club y que fue inspirado desde el principio por Julian y su Hijo.
Y cuidadin con lanzarse por el llano que teneis que dosificar.
okendo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
11/05/09
0 Carreiras
77 Mensaxes
San Pedro-Barreiros
Respostar citando Envío Lun, 19 Set 2011, 21:46
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Todo un referente darse prisa en apuntarse a la carrera.
jef72

Novo foreiro
Novo foreiro
27/10/08
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Set 2011, 21:44
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

¿ alguén pode facilitar información sobre o percorrido, dureza, distancia...? nalgúns enlaces di que son 11 km, noutros xa amosan 12km pero non sabemos se é cha, ten moitos repeitos, por onde se fai. Grazas a quen aporte algo de luz.
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 22 Set 2011, 13:55
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

O percorrido, se é o do ano pasado, é moi rápido. Eu fun dous anos intercalados e o do ano pasado foi máis suave que en anos anteriores.Plano na súa maior parte pero cun par de subidas sobre os kms 9-10. Dende ahí ata meta algo rompepernas e entrada en meta plana outra vez. A carreira en xeral está moi ben salvo que non se corta o tráfico na súa totalidade e en determinados momentos hai que votar un ollo arredor. A organización sinxela, non hai chip e o que o rodea, pero moi correcta. É unha proba que apetece de verdade.
lunaplateada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/03/06
0 Carreiras
179 Mensaxes
VIVEIRO
Respostar citando Envío Xov, 22 Set 2011, 14:54
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Hola a todos, coméntovos o percorrido:

Os primeiros 6 km son totalmente chans e a partires do km 6, empeza unha subida primeiro suave e despois un pouco máis pronunciada duns 500 metros, baixada de 200 metros, unha subida dura de 200 metros e os seguintes 300 metros son chans, baixada doutros 250 metros, lixeira subida de 150 metros, baixada de 400 metros e despois totalmente chan ata línea de meta uns 2 km aproximadamente.

O percorrido total son 12 km aproximadamente.

Se tedes calquera outra dúbida poñédenola por aquí.

Un saúdo
jallejo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/12/07
0 Carreiras
228 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Set 2011, 21:38
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Aínda que me inscribín, non puiden participar por uns pequenos problemas de saúde. Dame moita mágoa, porque é unha carreira fermosa.
Por curiosidade, ¿quen gañou?
atejer00

Montañés
Montañés
20/11/09
9999 Carreiras
230 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Dom, 25 Set 2011, 21:49
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

muchas gracias es lo que me queda de esta carrera, la verdad es que un poco dura pata ser comienzo de temporada igual no estaba muy rodado, pero esas cuestas hicieron estragos...lo mejor de todo: el ambiente, el día, la Organización, los deliciosos pinchos, la dormida en el albergue y las playas de Viveiro; lo peor, apenas mencionable...
ron

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/09/06
0 Carreiras
59 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Lun, 26 Set 2011, 7:48
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Moitas gracias á xente do Egovarros, polo seu esforzo, entusiasmo e adicación entre outras moitas virtudes. Lamento, unha vez máis non poder extender o meu agradecemento ao Concello de Viveiro e a algúns, afortunadamente poucos conductores. Ao Concello, home córtase o tráfico en todalas grandes cidades, pero en Viveiro... ja, ja, ja, respondeu a esa pregunta o Policia Local que "regulaba o tráfico" na variante formulada por un grupo de espectadores entre os que estaba a miña muller. Respecto aos conductores GRACIAS a inmensa maioría pola súa boa educación e respecto compartindo uns minutos do seu tempo ccn nós e MORCILLAS para uns poucos coma un piloto dun todorreno que na subida das Nogueiras (a última e máis estreita) fíxonos parar a un grupo de corredores porque como iba a esperar él uns segundos a que estes que non teñen nada que facer acaben a costa...
Pese a todo o ambiente xenial, a carreira coma sempre dura pero moi interesante e se as circunstancias mo permiten voltarei a estar na liña de saída.

jef72

Novo foreiro
Novo foreiro
27/10/08
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Set 2011, 14:15
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

onde mirar a clasificacion final da carreira absoluta?grazas
lunaplateada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/03/06
0 Carreiras
179 Mensaxes
VIVEIRO
Respostar citando Envío Lun, 26 Set 2011, 18:05
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Concello de Viveiro

Hola a todos, para jallejo: o vencedor foi Marcos Seijo seguido de Luis Sa
a atejer00 e ron : moitas grazas, e esperamos vervos o ano que ven
e para jef72: acabamos de mandar a clasificación aqui a correngalicia así que a subirán dentro de nada

farei un album coas fotos de todos e deixarei por aquí o enlace

Un saúdo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos