Dom, 13 Nov 2005, 20:37
Asunto:
Non sei por qué o foreiro "Os Tonechos", rexistrado o pasado venres 11, e que este é a primeira e única mensaxe que remite, desprende tanta crítica, e tan dura nas suas palabras.
1º.- O Sr. Nimo non é a Selección Española de Fútbol, para que teñamos que esixirlle resultados a cambio de suculentos ingresos (directos Federación, indirectos Publicidade).
2º.- O Sr. Nimo, dentro da sua programación perdeu contra un moi bo atleta magrebí afincado en Ourense e contra o mellor dos españois no pasado San Martiño.
3º.- O Sr. Nimo, pode pedir, e ten dereito a pedir o que estime oportuno. Cáianos ben, mal ou regular, é o mellor atleta galego de fondo neste momento. Gustaríame saber cánto diñeiro público percibe un atleta como Pedro, e canto recibe un futbolista da queridísima Selección Española de fútbol da sua federación, cando o nivel de esforzo, sacrificio e dureza deste deporte está a anos luz do atletismo.
4º.- O Sr. Nimo, ten un presente (é moi xoven ainda) e un pasado (Irregular): ben é certo que agora leva moitos meses cunha evolución e uns indicios moi esperanzadores. Sexamos optimistas.
5º.- O Sr. Nimo merece que sexamos tolerantes, comprensivos, e ata cariñosos coas suas marcas, coa sua planificación, pero sobre todo co seu traballo.
6º.- O Sr. Nimo, ocupa o vértice superior en Galiza dun deporte que tanto nos gusta a todos, que nos vencella neste foro e nas ruas e estradas, e que en lugar de achegarnos parece que nos radicaliza como acérrimos forofos.
7º.- O Sr. Nimo, non debe nin merece ser obxecto de persecucións persoais froito da animadversión.
Aos que participastes e rematastes a dura Carreira de Negreira enhoraboa.