Xov, 22 Set 2011, 15:21
Asunto: Re: V Triatlon Cross da Amizade
Non creo que seamos estrictos e non se deixe competir a quen non asista a reunión técnica, pero por favor, asistir cuantos máis mellor, para conocer con detalle as peculiaridades da carreira e dos circuitos.
O que non poida estar a recoller o dorsal que lle encargue a alguén que llo recolla, porque os responsables de entregalos marcharán despois para o lado galego do Miño e non poderemos entregar dorsais fora de hora.
Comprendemos que os deportistas faendes un gran esforzo para estar nesta proba, pero o equipo organizador tamén traballamos duramente para que a proba sea atractiva e se mova dentro duns parámetros de seguridade óptimos.
Cada detalle do circuito e todo o que rodea a proba é estudiado minuciosamente, os horarios, as corrientes no Miño, os circuitos próbanse muitas veces hasta encontrar unha combinación ó máis aproximada posible entre seguridade e espectacularidade.
O triatlón que organizamos este ano é a proba que a nos nos gustaría correr. Esperamos que a disfrutendes e levendes un grato recordo. Vémonos o domingo.
O reglamento da proba, no seu punto 9 dice: É obrigatorio que acudan os deportistas individualmente ou cando menos un representante de cada club a reunión técnica o día 25 ás 12:00horas (hora galega), 1 hora menos en Portugal, que se celebrará en Vilanova de Cerveira, na Biblioteca Municipal. Media hora despois do inicio desta xuntanza, nunha carpa situada a poucos metros, na entrada dos boxes en Portugal, entregaranse dorsais e gorros ós participantes e /ou delegados de club. A entrega de dorsais será entre as 12:30 e as 13:30. Non se entregarán dorsais despois das 13:30 horas.