Sáb, 24 Set 2011, 4:51
Asunto: Re: V Triatlon Cross da Amizade
Hola a tod@s
Onte os operarios terminaron as obras nos arredores da Foraleza de Goián e pudemos definitivamente acabar de darlle forma ó circuito de carreira a pe e no lado portugués tamén acabaron as obras e está todo listo.
Os dous concellos fixeron un esforzo brutal para que todo estuvera listo e os organizadores este ano non tuvemos que traballar tanto, é máis: os alcaldes, os concelleiros, os operarios, a xente...están tan implicados que nos pouco faemos e así da gusto.
Como decía Sandra González, alcaldesa de Tomiño, na presentación da proba, que a pesar das tremendas dificultades económicas, O Triatlo da Amizade é algo o que non están dispostos a renunciar.
E ahora que lle fixemos os axustes ós circuitos e os íbamos a enseñar na nosa web...pois non podemos acceder a ela.
Bueno, é o que hai, o importante é que conseguimos prepara-los circuitos e en próximas edicións esperamos poder enseñárvolos con suficiente antelación. ¿Quen sabe?, ó mellor, algún día incluso chegaremos a ter páxina web propia.
Mañán poderendes velos na reunión técnica, as 12, hora galega, 1 hora menos en Portugal, na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira, nos paneis que haberá a entrada de boxes e o mellor...darlle unha voltiña durante a mañán.
Nada máis, esperamos que vos gusten. E non sei se volo dixemos, hai 180 inscritos, que non está nada mal. !!!Que disfrutendes da proba!!!.