Xov, 17 Nov 2005, 1:45
Asunto: Carrera de Negreira
Na carreira de Negreira en xeral as miñas sensacións son bastante positivas. Sobre todo gustoume o ben que estaba protexido o percorrido da entrada do tráfico. todo elo a costa de ter provocado posiblemente uns atascos monumentais, polo cal gustaríame agradecer aos sufridos automovilistas pola súa paciencia.
Respeito ao tema dos xuices da federación, isto xa é un tema recurrrente e xa falado aquí por moitos compañeiros. Amiga luna, pasouche a ti e a moitos mais en Negreira, pasoulle a outros en Ames, pasou en Padrón cando suspenderon a carreira da pascua sen motivo, pasou en Negreira o ano pasado cando se "lles pasaron" de contar a un montón de corredores e íanlle dar o premio por equipos a un que non lle correspondía. Señores, sabemos xa todos como "traballan"estos señores. Entón, para que os chaman? se non veñen gratis, para que pagar? para ter problemas asegurados, malos modos e as veces grosería??? por min poden quedar na casa. Tomen nota os Concellos....
Sobre a crítica a Pedro Nimo eu neste caso teño que dicir que o pobre home "os tonechos" parece non saber o que di. Debo recoñecer que non me gustaron en absoluto as palabras que lle escoitei a Pedro o día da Pedestre de Santiago, pero tampouco me doen prendas en defendelo nesta ocasión porque nadie máis que o atleta e o seu entrenador coñecen os seus obxetivos e prioridades. Ademáis, todos os que sufrimos con este deporte sabemos que todos os dias son iguais, hainos bos e malos. E encima se os teus rivais son da categoría de Penas e Hassan....
Nimo dalle caña, eso si con humildade, e a ver se este ano me das o gustazo de verte pelexando con De la Osa nun final dun cross. Ãnimo!!