Dom, 09 Out 2011, 22:50
Asunto: Re: Mi tesssoro...
Insisto!!! Non é a primeira vez que nesta carreira termina habendo xente que chega moi tocada e non lle chega cunha botella de auga e/ou non ten forzas para ir comprar ese Powerade ao super nin niguén que llo achegue á meta... Postos a dar algo, mellor avituallamento (falamos de saúde, non de caprichos, recordos, etc.). Efectivamente pasra isto está o Decathlon...
Pero aínda que non son amigo de polemizar (a xente que me coñece o sabe ben), no caso de dar camisetas, señores das orgs. miren ben as tallas dos participantes e encarguen en consecuencia. Confirmen as tallaxes antes de encargalas (non como na pasada Coruña 10 con ese erro nas tallas). Eu non encargo camisetas que non valen para aos meus atletas, xa que do contrario teño que tirar con elas e de paso os cartos dos meus patrocinadores. No caso anterior, pode resultar un mal uso deses 5 euriños dos populares e supoño que patrocinadores (para que vexades a importancia do detalle das camisetas neste caso). Só se trata de intentar facer as cousas medianamente ben aínda que a idea sexa cuestionable, útil, etc.
Dos peques non opinio xa que non teño vivencias ao respecto.
En canto ás opinións da xente, ésta é super libre de pensar o que queira sempre que nonse falte ao respecto aos demais ou aos seus comentarios (habitual detrás dun nick). E curisoso como certos comentarios "libres" neste foro (ou noutros) non os escoito cara a cara, neste caso nas carreiras cando nos coñecemos ben moitos de nós... Non vexo estas apasionantes réplicas nas post-carreiras, jejejej.
Aos que vaiades a Sada, vémonos alí...
As carreiras non paran!!!!
Miguel Anxo Nogueira
Noitebra FC Atleismo