Xov, 13 Out 2011, 22:53
Asunto: Aceptades a outro maís?
Ola a todos.
Levo pouco maís de ano e medio correndo, e dende faí uns meses descubrín esta páxina, na que encontro información moi útil para as carreiras, polo que creo que vaí sendo hora de me presentar.
Son de Sigüeiro (Oroso), pretiño de Santiago, e empecei a correr cando o ximnasio e a piscina se me quedarón pequenos despois de eliminar meus problemas de sobrepeso, colesterol, hipertensión... (froito de quince anos sin pegar pau).
Agora corro para poder seguir mantendome en forma e porque me divirto co meu fillo, xa que de casualidade encontramos unha aficción en común (cousa moi dificil entre un paí e un fillo pre-adolescente).
A falta de tempo non me permite entrenar moito, polo que os meus tempos son bastante modestos, pero a verdade é que facía anos que non o pasaba tan ben.
Un saúdo a todos.