Dom, 16 Out 2011, 14:20
Asunto: Re: FGA e o circuito de Monterrei, amor platónico?
Pois a min o circuito de Monterrei paréceme estupendo. Como di o compañiero Xabi en canto a instalación está todo no mesmo sitio e moi cómodo para os que veñen de fóra, pois chegas e aparcas fácil e ao acabar dúchaste alí mesmo.
Non se pode decir o mesmo de por exemplo o circuito de ¿praia oira? abaixo en Ourense á beira do río, onde te enlamas ata as orellas e despois tes unha ducha a temperatura ambiente de febreiro.
Sobre o emprazamento, se faga onde se faga unha proba sempre vai ser a mesma historia. Cando se fan campionatos no Barco protestan os de Coruña, se fan en Villarriba protestan os de Villabajo, e así. É o conto de sempre.
En canto ao aspecto deportivo, sí que é moi rápido... e qué? Por eso é o que se fai é cross curto, que eu entendo que ten que ser máis parecido a unha proba de medio fondo que aun cross "clásico".
E desde logo eu considero moito máis seguro correr en monterrei con clavos, inda estando seco, pois vaise moi rápido, case sempre en grupo, e sen clavos na zona de curvas baixando correría serio perigro non so a túa integridade senón tamén á doutros corredores.
Pola miña experiencia nos cross curtos dame a sensación de que hai corredores que non saben ao que van e cando se dan de conta a carreira xa acabou.