Mar, 25 Out 2011, 10:06
Asunto: Re: Carrera San Martiño, Ourense
Outro inscrito máis para esta bonita carreira. A verdade é que neste tipo de carreiras tan numerosas é difícil o tema da saída, cada un ten que saber onde está o seu sitio... Aínda que sempre hai quen intenta aproveitarse da situación. No meu caso o ano pasado saín bastante atrás pola cantidade de xente que había, o meu obxectivo era baixar dos 50' e en tempo total fixen 50'09'' pero o neto foi de 48'42'', así que considero que sí que cumprín o meu obxectivo.
Por outro lado, non sei porqué me da a min que este ano a San Martiño vai ser a Popular de máis participación en Galicia, creo que vai superar a Santiago...
¿Qué opinades os que tedes referencias de hai uns cantos anos? ¿Históricamente Santiago superou en participación a Ourense ou non é así? 2 bonitas carreiras, sen dúbida.