Mér, 19 Out 2011, 11:45
Asunto: Re: Eliminar los premios en metálico.
Moi boas a todos e todas, cicais eu son o menos indicado para expoñer aiqui a miña humilde opinión, pero vouno facer, quizais por que me peta ou quizais porque teño a liberdade de poder facelo. En primeiro lugar respetar todos os comentarios que aqui se expoñen, pódese estar a favor ou non, pero sempre dende o respeto e a critica construtiva. Eu levo pouco tempo nas carreiras populares, de certo en pouquiñas teño participado, Vilagarcía, Vigbay (sen rematar) e Cambados e cada vez voume enganchando un chisquiño máis.
Vivimos momentos difíciles, tempos complicados e o que antes era colaboración económica mais ou menos xenerosa por parte de Concellos e institucións publicas, hoxe e unha utopía dentro dunha realidade: A prestación de servizos públicos esenciais, é sen dubida algunha, unha prioridade ante ás actividades culturais e deportivas e gústenos ou non, debemos de asumilo tal e como ben. Organizar unha carreira popular (indistintamente de numero maior ou menor de participantes) conleva unha serie de gastos coñecidos (seguros, premios en metálico, trofeos, camisetas, cronometraxe, avituallamentos...) e outros gastos menos coñecidos (inversión de tempo dos organizadores e colaboradores i ás veces, desembolsos persoais para sufraxio de gastos non cubertos coas inscricións), ás veces non se valoran axeitadamente estes esforzos dos organizadores das carreiras, que nada teñen que gañar e si moito que perder: criticas destrutivas, insultos e ás veces (ás menos, algunha que outra agresión ou maltrato físico). Facer unha carreira popular, sexa grande ou pequena, implica un custe económico difícil de desembolsar, pódese cubrir con aportacións de firmas e empresas privadas e cas cuotas de inscricións, pero cada vez e agravado pola crises, máis son as empresas privadas que non poden asumir un patrocinio ou colaboración; tan so ás grandes multinacionais,Cocacola, o corte Ingles, medios de comunicación ect. poden facer estes xestos.
No referente o tema de "eliminar os premios en metálico", na miña modesta opinión coido que poden subsistir con outros premios, pero quizais ás cuantias dos premios en metálico deberían de ser proporcionais os tempos difíciles que vivimos, sen ir mais lexos, teño entendido que na vindeira carreira de Santiago, fálanse de cuantias económicas ós primeiros clasificados de entre 1000 e 700 € (unha suma total en metálico de mais de 14.000 €). Coido que deberían de ser mais proporcionais é dicir, máis repartidos entre os participantes e ampliar así ós premios a mais corredores. Esa e a miña humilde opinión. Tal vez un día deberiamos de pensar de facer unha proba popular en homenaxe os "organizadores dás carreiras populares). No referente á divulgación dás carreiras nos medios de comunicación, dicirvos o seguinte, o CAR Marisueiro ven de organizar unha pequena proba "Carreira dos Jordos" , nada "importante" seguramente para moitos pero que para á prensa si mereceu unha atención especial e polo que sei, non tiñan "enchufe" cos medios de comunicación. unha aperta a todos e desculpade o rollo.