Xov, 20 Out 2011, 1:04
Asunto: Re: Vigo+11
Sen dúbida, honra ao señor García Rodríguez, don Eleuterio, a súa primeira intervención en Correr en Galicia pola asunción de responsabilidades que nela fai; mais tampouco esquezamos que non foi esta a primeira vez en que a Delegación Viguesa da FGT andivo, digamos, pouco afortunada como suxeito organizativo. Oxalá, si, que se abra unha nova etapa...
Agora ben, a cada quen o seu: é a Delegación Viguesa responsable de que, durante unha proba atlética, o tráfico non se corte como é debido nas rúas viguesas? Éo? (Pregunta retórica) Que di ao respecto o señor Caballero Álvarez, Concelleiro de Mobilidade / Seguridade? E o de Deportes, curiosamente tamén apelidado Caballero Álvarez? Ten Caballero Álvarez na súa contorna alguén que, tremoroso, ouse suxerirlle -tan só suxerirlle co máximo respecto e a cabeza gacha, por suposto- que, quizais, meu señor, se cortásemos ao tráfico algunhas rúas durante unha hora, un par de veces ao ano, estariamos a mellorar as cousas, dignificariamos o que nunca carecerá de dignidade (o deporte popular), reduciriamos o perigo e a incomodidade para os atletas, incluso os condutores se cabrearían menos ao non verse collidos nunha trampa...? Daquela, terá preto de si Caballero Álvarez algún valente que lle faga chegar a mensaxe?
Ata o San Xoán 2012, manteñamos acesa a leve chama da esperanza...