Cita: |
O prazo de inscrición para a décimo segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames xa está aberto e rematará o xoves día 20 de outubro. O paseo fluvial de Bertamiráns será o escenario desta proba que se celebrará durante a mañá do vindeiro domingo 23 de outubro. Trátase dun evento xa máis que consolidado no termo municipal de Ames e que reúne cada ano a moitos atletas de toda a contorna e doutras localidades de Galicia. Todos os interesados poderán formalizar a súa inscrición por correo electrónico nas direccións inscricionsFGAsantiago @ gmail.com, e deportes @ concellodeames.org. Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de deportes do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 981 884 991. |