Lun, 31 Out 2011, 8:31
Asunto: Re: XXXIV Carreira Pedestre de Santiago
Onte foi a primeira vez que corrín a Famosa Pedestre de Santiago, entre outras cousas porque este é o primeiro ano que se me da por poñerme a correr, o que teño claro é que mentras me dure este fiebre, Santiago é unha cita ineludible, pero a grande pregunta é: cando cura esta fiebre?
Meu amigo Suso dí que se nos da por correr simplemente porque non follamos que si o fixéramos non andaríamos por ahí queimando testosterona disfrazados con estas pintas. Si hai dez meses (que foi cando empecei) me chegan a dicir que iba a poñerme as pintas que levo, seguro que me descojonaría da risa do iluso.
Despois do domingo pasado en Pontevedra, evidentemente co tempo foi tropical, deu gusto, ademáis fixen o quentamento con DON MANUEL ROSALES que o home xa corre sen dorsal, por non acaparar premios e có ánimo de participar. Se chega a ser este outro pais, este atleta xa tería cinco estatuas, duas ruas e tres pabillóns co seu nome.
O mesmo ROSALES díxome antes de sair, coidado rapas (é de Márín) que esta carreira é dura, tomao con calma. A saída xa me pareceu dura (a de Vite por non escribir barbaridades prefiro calar) o final da costa os cuadriceps empezaban a queimar, e no camiño francés atopeime a Manuel que facía 15 anos sen vernos e que como eu iba máis rápido o saudo foi moi rápido. Esto de ser como Spidie Gonzalez estame facendo perder moitas amistads.
Pois sí, tiña razón Don Manuel, a carreira resultoume dura, e por vez primeira dende que corro, o pasar pola facultade de Historia, crein que morría, así literalmente, morro e punto, menudo espectáculo ía dar:
atleta alto, flaco e juapo morre na facultade de Historia despois de que se llle saíse o corazón pola boca. Creín que non tiña tráquea!!! Non me chegaba o aire os pulmóns, i eso que eu nun poder mental algo impresionante, fíxenme globulo vermello tarnsportador de osíxeno, e foi o que me salvou, bueno, eso e case pararme en seco para recuperarme, pero a parte de estas pequenas consideracións, rematei por debaixo de 4:30 que era o obxetivo.
So un pero. Facía falta que nos meteran o rematar a carreira por detrás do concello para darnos unha botella de auga? E xa que nos diron un refresco, tiña que ser sen azúcar? Qué pasa, pensaban que éramos diabéticos ou é que non lles pareceu suficiente 12 km para unha chocolatina?
En fin o domingo a Ourense e despois páro un pouco ca miña muller empeza a poñer caras de fastidio e tampouco e cuestión de xogarse o matrimonio.