Mér, 09 Nov 2011, 14:32
Asunto: Moi meritorio Rodríguez Tajes e carreira en Camariñas
O pasado luns saía na Voz unha reportaxe sobre este camarián a quen non coñezo persoalmente pero sei das súas andanzas no mundo do atletismo porque teño trato con persoas do seu entorno. O enlace da noticia é:
www.lavozdegalicia.es/...m=buscavoz
Ademáis do que di a noticia, podo engadir que por exemplo correu a carreira de Corcubión un sábado pola tarde e ganou na súa categoría (veteranos de máis de 50 anos) e ó día seguinte, domingo pola mañá, tamén ganou a de Arteixo (na súa categoría, evidentemente).
Para que vos deades unha idea do que corre este home, baste dicir que na última Pedestre de Santiago fixo un cacho tempazo de 45.27!! Ollo, que esta marca, así "sen máis" xa é un tempazo; pero agora hai que engadirlle que ten 51 anos e unha enfermidade dexenerativa. Vamos, que:
Por certo, tamén na Voz, ó día seguinte había unha pequena nota anunciando a carreira da que se fala no artigo. Dita carreira será en Camariñas o día 4 de marzo (vamos, que aínda queda...) e será duns 10 km e controlada con chip.