Sáb, 12 Nov 2011, 14:04
Asunto: Maratón de Culleredo
EDITADO: 15 DE NOVEMBRO
Despois de todos os comentarios recibidos a través deste foro, de correos electrónicos e de chamadas sobre a Maratón de Culleredo, decidimos cambiar a data co fin de non perxudicar a ningunha das outras carreiras xa programadas, en especial a da Coruña o 15 de abril. Entendemos que por enriba de calquera aspiración organizativa de calquera entidade ou institución ten que estar un obxectivo final: a promoción do deporte.
O 6 de maio organizaremos en Culleredo unha carreira pedrestre de entre 15 e 20 km. que discurrirá polas parroquias de Rutis e O Burgo (abrimos para este fin outro fío no foro de Correr en Galicia).
Seguimos coa intención de organizar a maratón en Culleredo, e deixamos este proxecto para o outono de 2012.
Moitas grazas pola vosa axuda cos comentarios, cremos que coa colaboración de todos faremos actividades máis participativas e interesantes para todos.
_________________________
PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO:
O domingo 6 de maio a asociación Castelo Deporte organizará coa colaboración do Concello de Culleredo a I Maratón de Culleredo, os 42 km. coa particularidade de que tocará todas as parroquias do municipio.
Estamos traballando no percorrido xunto coa Policía Local, e pretendemos facer deste foro (ademais da nosa web), xa que quedan tantos meses, un punto de información no que queremos recoller todas as vosas suxerencias e preguntas, que trataremos de contestar no menor tempo posible.
Para calquera cuestión en privado tamén podedes contactar con nós a través de contacto @ castelodeporte.org, ou vía Twitter, en @castelodeporte
www.castelodeporte.gal
Última edición por castelodeporte o Mar, 15 Nov 2011, 17:16; editado 3 veces