Xov, 24 Nov 2011, 23:15
Asunto: Re: Medio Maratón de Betanzos
A ver, por partes, e a ver si me acordo de todo o que teño que contestar ó que estiven lendo no derradeiro cuarto de hora
O que pregunta si pode coller o dorsal o sábado, supoño que si. O ano pasado estiven eu dandoos, e non había problema, pero tampouco cho podo confirmar, non depende de min
Kandepalleiro, si me mandas un privado, eu non teño problema en collercho o sábado e doucho o mesmo domingo na saida
E respecto ó problema que xurdiu, a verdade que eu alucino un pouco con alguha mensaxe. Antes de nada, quero recoñecer e felicitar ante todo ós organizadores, que basicamente son dous, e corren con todo o peso da carreira, quitando parte do seu tempo libre e que sacaron adiante a edición deste ano cando case se daba por perdida. Pero tamén hai que dicilo todo, e que o de cortar a inscripción sin estar no reglamento e sin avisar a ninguén, é unha cagada grande. Si a mi me din que se ía cortar si eran moitos os inscritos, eu o poño polo menos aquí con tempo para que a xente o vera. Pero o sábado se me dixo que movera o foro para que apuntara moita xente, así que cando hoxe me levanto e vexo o petate, claro que me molesta. E si me din hoxe ás 12:30 que se vai a abrir outra vez a inscripción, eu o poño aquí, e unha hora mais tarde me din o contrario, pois tampouco me parece normal
Respecto a quen me di que me colgo medallas, releendo as miñas mensaxes, sigo sin atopar donde o fago, así que a ver si me axudas e me aclaras donde o fago, cando eu o único que fixen foi mover o foro e nada máis, non participo en ningunha outra cousa da organización. Tan só vou as reunións e a axudar na saida e para preparar as bolsas, así que poucas medallas me podo colgar
E respecto ó que di o meu amigo karpov, o fin de semana falaremos largo e tendido, supoño, a ver se aclaramos algo. Só me parece inaudito dicirlle á xente que se apuntara antes, xa que entón non sei para que se pon unha data límite. Tanto él coma eu somos só achegados á organización. Eu non falei cos directivos, non sei él. Eu penso, e que nin David nin Alejandro mo tomen a mal, que algún deles debería escribir aquí de dicir o que pasou, e aclararlle un pouco á xente os motivos deste desbaraxuste. xa que todos estamos especulando un pouco e as cousas se desmadran. David algo me comentou (á miña moza, maridopi, non a mi), que si pasaban de 500 inscritos, farían falla máis ambulancias e outro médico, así que a cousa pode ir por ahí, pero insisto en que deberían explicalo eles aquí. Así o problema ven sendo nas formas de facer todo isto, que todos recoñecemos os meritos da organización, pero tamén se fixeron as cousas mal e hai que recoñecelo
E AGORA, CREO QUE TOCA DEIXAR UN POUQUIÑO DE LADO TODO ISTO, E CENTRARSE UN POUQUIÑO NA NOVA EDICIÓN DA MEDIA MARATÓN DE BETANZOS