Ven, 25 Nov 2011, 11:27
Asunto: Re: Medio Maratón de Betanzos
Despois de falar por primeira vez hoxe persoalmente cun dos dous principais organizadores, explícovos e a ver si aclaramos e zanxamos o tema
O principal motivo do corte da inscripción me di que é por motivos de seguridade. Unha vez que se chega a 500 participantes, fan falla dúas ambulancias e dous médicos, e non se que requisito a maiores que pide a xunta. En vista da participacion dos derradeiros anos, e á vista do ritmo da inscripción, que levaban o sábado pasado tan són 160 inscritos, en ningún momento se contou con tal cantidade de xente, así que só tiñan un medico e unha ambulancia. Así que para non meterse en posibles líos ou problemas, o mercores decidiron cortar a inscripción. Así que foi un problema total de previsión, unha por non poñer no reglamento un límite de prazas, e outra por non ter eses medios si pasaban dos 500. Á vista de todo eso, a organización quere recoñecer que foi unha gran cagada, un fallo irremediable e que lamenta profundamente, e quere pedir perdon e enviar as súas disculpas a todos os que se viron afectados
E xa falando eu persoalmente, tamén vexo que é unha cagada, e bastante jodidos están por elo, nunha edición que batiría amplamente tódolos seus records de participacion, así que pola miña parte disculpados quedan, que todo o que traballaron para sacar a carreira adiante entre só dúas persoas dalles un pouquiño de marxen para equivocarse, que todos temos fallos. Eu pediría que lles dérades a eles e a carreira outra oportunidade, que si vedes os comentarios doutras edicións, todo eran felicitacións
E ó amigo karpov, xa llo direi persoalmente, pero evidentemente ningún de vos tivo a culpa, todos tedes o dereito a inscribirse o derradeiro día e no derradeiro minuto, faltaría máis, para eso se pon un prazo. Os que non puideron inscribirse no prazo son perxudicados, nunca culpables
Hoxe chegaron as camisetas (blancas e negras), os chips, Soria Natural, Gadisa, etc. E si, creo que a bolsa do corredor vai ser completa. Agora agardo que a polémica quede zanxada e que todos nos centremos na carreira deste ano, que ademais dan bó tempo, pero sin a calor sofocante que tiñamos cando se facía en maio