Dom, 27 Nov 2011, 18:15
Asunto: Re: Medio Maratón de Betanzos
Felicitar á organización polo esforzo e dedicación. Grazas por finalmente darnos a oportunidade de participar nesta carreira que pouco faltou para non celebrarse. Insisto, MIL GRAZAS.
En xeral todo moi ben e fabulosa a atención recibida nesta dura media, onde é verdade que a xente canea de carallo a pesar do perfil. Xenial as duchas, fisios... e por suposto o percorrido.
O tema do corte de tráfico podía ser preocupante por certas zonas (curvas, etc.), pero non che vos era tan fácil ir polo arcén (liñas rugosas, graba, un Porche negro aparcado no arcén...jajajaj), e menos se se ía con compañía. Polo que en moitas zonas entendo que nos meteramos cara o medio do carril (non da estrada). Ademais, se atendemos ao regulamento:
"Artigo nº 8: Os únicos vehículos con permiso para ir en carreira levarán unha autorización expresa da organización e irán perfectamente reconocidos cun distintivo que os identifique. Policías municipais e axentes da D.X.T. sancionarán a todos os vehículos non autorizados."
Polo que se podía entender que o tráfico estaba cortado no percorrido, atendendo tamén a que isto era unha carreira e non un adestramento ou pachanga.
Fálase no regulamento dun Proxecto da carreira que daba orientacións... onde quizais se indicaba isto, pero eu non o atopei na web de champiochip (ou non o vin). Tampouco ninguén de protección civil, gardas de tráfico ou policías, parecían corrixir as traxectorias da xente polas zonas por onde nos iamos (falo da xente coa que eu ía), polo que non era de estranar que os nosos corpos tirasen para os peraltes faborables, jejejejejej.
NO OBSTANTE, o sentido común si que primaba a tirar, cando menos, o máis posible para a dereira, coma se fosemos ciclistas. E creo que asi o fixemos ao 95% (insisto, polo menos foi o que eu vin na xente que ía diante e detrás miña). Con todo isto, e a pesar de non ir estrictamente pola marxe dereita toda a carreira, podo dicir que os conductores cos que me crucei me respetaron ao 100% e non sentín perigo (ao mellor xa ía cego co esforzo, jejejej).
En resume, FELICITACIÓNS A TODOS E TODAS os que participaron (en todos os sentidos) nesta carreira, e sempre que poidamos ir, o Noitebra alí estará para darlle algo de cor laranxa.
Miguel Anxo Nogueira (Pirri).
Noitebra F.C. Santiago de Compostela