Xov, 01 Dec 2011, 10:43
Asunto: Re: Metrónomo [app] para o móbil
Boas pikamoku,
segundo teño lido, a cadencia de 180 é un "consenso de mínimos". Coinciden nela os do barefoot, os do Chi Running, os do POSE method, os do Evolution Running...
Despois, cada un ten que adapta-la as súas características. Hai xente que lave unha cadencia de 175 e outra 195 e os dous van cómodos. Outro exemplo: normalmente, levas unha cadencia maior cando corres completamente descalzo que con zapas minimalistas.
Se me permites un pequeno consello: colle os elementos da técnica e adáptaos a ti mesmo: fainos teus. E sobre todo: despaciño e boa letra.
Saúdos.
PD: falando de frikismos: ¿hai xente interesada en facer unha "quedada descalza"? Para: compartir impresións, progresos, erros, falar de material, técnica de carreira, gravarse en vídeo para mellorar e, por suposto: correr.
"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.