Lun, 28 Nov 2011, 16:03
Asunto: Re: VII Carreira Popular de Vedra
¡FANTÁSTICA!
Esta carreira desde logo que non merece outro calificativo. Xa me gustaba nas anteriores edicións, pero nesta, vendo o xentío anotado, os escasísimos recursos que tiñan e o ben que o fixeron, podo dicir que é unha das mellores POPULARES de Galicia.
Non hai "absolutamente" nada que reprochar. Perfecta.
Sorprendeume a masiva participación (incluso da plana Castilla), para o que viña sendo habitual.
Circuíto prácticamente plano, sen dificultade incluso para os pasteleiros coma mín (tendo en conta que non era unha pista de atletismo). Tempo moi bo, para a época do ano en que estamos. Sen dúbida un magnífico día de deporte.
NORABOA Club Olímpico de Vedra, podedes estar ben orgullosos da vosa "humilde" carreira.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es