Mér, 21 Dec 2011, 11:19
Asunto: Re: Carreira de fin de ano 2011. Mugardos-Ares-Mugardos
La VII Carrera Popular de Fin de Año discurrirá entre Mugardos y Ares, con un recorrido de diez kilómetros y el el sorteo de regalos y cestas
20 Diciembre 2011 15:10
O salón de plenos do Concello de Mugardos acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación da que será VII Carreira Popular Fin de Ano, que organizan as áreas de Cultura de Ares e Mugardos, xunto coa Federación Galega de Atletismo, e co patrocinio de Aquabona, Powerade (Begano) e Gadis, e se desenvolverá o día 31 de decembro ás 11.00 horas. No acto estiveron presentes o alcalde e concelleiro de Deportes de Mugardos, Xosé Fernández Barcia e Xosé Antón Bouza Rey, respectivamente; o edil de Deportes de Ares, José Juan Vilar; o director de Marketing de Gadis, Antonio Cortés; e o delegado territorial de Coca-Cola, José Ángel Vigo.
Segundo explicaron na comparecencia ante os medios, a carreira resposta á estreita colaboración existente entre os Concellos de Ares e Mugardos e que deixa boas mostras nesta iniciativa, así como na xestión compartida do complexo acúatico do Castro, nas actividades do programa da natureza ou nas escolas de baloncesto e deporte adaptado, entre outras. Nesta séptima edición, a proba sairá do pavillón municipal de Mugardos, para percorrer este municipio, facer o propio polo de Ares e regresar ao mesmo punto de partida. En total, como puxeron de manifesto os organizadores, serán dez kilómetros nos que os corredores, chegados de diferentes puntos de Galicia e incluso Asturias e Castela-León, compaxinarán o deporte co carácter festivo da carreira.
Así, hai que destacar que os mellores exemplos do carácter popular da proba son, por unha banda, que non hai clasificación por categorías nin agasallos para os vencedores senón un sorteo ao remate da carreira de cestas de Nadal e cinco abonos de balde para acceder ao complexo acuático do Castro e, por outra, porque os organizadores entregan gorros de Papá Noel aos participantes, aportando unha nota de humor a esta proba. Pero tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira intregrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que se leva a cabo unha cronometraxe similar á dunha proba oficial e que se atopa en todos os foros de atletismo, redes sociais desta modalidade deportiva e o propio portal da Federación.
Polo tanto, a carreira conta con todos os ingredientes para xuntar cada ano aos 500 corredores e corredoras de 14 anos en adiante que nestas últimas edicións tomaron parte na mesma. E todo apunta a que o éxito será similar nesta ocasión, posto que xa están inscritas máis de 200 persoas e aínda restan días para o remate do prazo, previsto para o 28 deste mes. A este respecto, hai que informar que os interesados deberán apuntarse na web
www.fgatletismo.es/ferrol/.
Os responsables de Ares e Mugardos quixeron agradecer a Gadis e Begano a súa constante e destacada colaboración nesta iniciativa –aseguraron que sen a súas aportacións, que se remota nao primeiro ano, a celebración da proba sería imposible, e máis nestes tempos de crise-, indicando que mentres que a primeira empresa aporta a froita fresca e as barritas enerxéticas aos corredores, Begano donará as bebidas isotónicas e o auga que se darán na metade da carreira –este ano en Ares- e ao remate da mesma, entre outras cousas, como hinchables.
Veña que xa queda pouco....!.