Mar, 06 Dec 2011, 10:17
Asunto: Re: Como vencer a tu primer Maratón?
Ben, interesante fio… A falta de tempo impedírame contar a miña experiencia en Valencia que foi a miña terceira maratón e aproveitarei para contar as miñas sensacións e para felicitar a outro neto de manueliño como Mamel, polo seu merito para correr e rematar a maraton cando o dia anterior non era capaz de andar… Só espero q pronto estés recuperado desa “locura”.
Ao fio do aquí falado, acerca de cómo afrontar a primeira maratón, e dos entrenamentos previos… gustame a frase “Fai quilómetros de menos e chegarás destrozado á liña de meta... fai quilómetros de máis e chegarás destrozado á liña de saída” …pero eu non estou moi de acordo no primeiro e podo dicir q nunca entrenei moito e non cheguei destrozado… e ademais nunca tiven o mais mínimo problema físico por forzar…
Eu empecei a correr de novo, despois de andar en bici en xuvenís nos oitenta e correr varios triatlón no 93, fai uns tres anos por facer algo… non todo ia ser andar de festa… e empecei a correr pq non tiña tempo para sair en bici e correr podelo facer a calquer hora.
Despois dalgunhas carreiras, nas q para mín o millor era quedar co resto de netos de manueliño para tomar unhas cañas e comer, trala primeira media que fixen en Ferrol en decembro do 2010, tomamos a decisión de ir a Maraton de Barcelona e só faltaban tres meses…
Eu busquei un programa de entreno de catro días, da revista runners world para baixar de 3h30, pero pola miña falta de tempo, só facía dous dos entrenamentos marcados, un día de series e unha tirada larga en progresión, que nunca pasou de 110 minutos. Nese periodo de preparación fixen a media de Viana en 1h 36, o que multiplicando por 2,2 como algún comentou daría sobre 3h 30min.
A maratón eu a tomei con toda a tranquilidade do mundo co único obxectivo de acabar, non tiña claro que fora correr algunha mais, era só un pequeño reto persoal. Saimos a un ritmo comodo con Chisco e Julito intentando disfrutar da cidade e o ambiente e olvidando o tempo e iamos cerca do globo de 3h 45min. Ao chegar ao km trinta sentiame coma si houbera feito a primeira parte da miña tirada larga de entreno, 60 min, e xa só faltara a segunda fase de progresión acabando a 4´30”. A sensación de empezar a correr e ir adiantando xente, mais de mil postos en 10km, e sentirse ben, con forzas ata o último km e unha experiencia única, e debe ser a que todo debutante busque… Eu rematei en 3h35 e o mais importante para mín non foi o tempo… foi a necesidade de buscar outra maratón para seguir disfrutando… do entreno e tamén da maratón!!!
Dese entón corrin San Sebastian, co mesmo entrenamento, dous ou tres días e sin pasar de 110 min, buscando baixar de 3h 30, obxectivo conseguido por segundos e con mais sufrimento ainda que fun a un ritmo constante, 1h45 a media.
E fai uns días corrín en Valencia, sigo con mais lios e menos tempo para entrenar, co cal repetín o que xa fixera ,dous días e tiradas de 110 min como máximo, ainda que esta vez fixen unha tirada de 135min. O obxectivo en Valencia sabendo q non estaba para millorar o meu tempo foi sair a disfrutar, correr en grupo con mamell e chisco cos que viaxei e con dous amigos q atopamos alí, recordos para Simón que debutou e Javier. Seguindo a miña experiencia de Barcelona fun con moita calma pasando a media en 1h50min e rematei en 3h33´.
Das miñas experiencias, xa sei que son un caso atípico que todo omundo corre mais días, eu recomendaría non saltarse nunca o dia de ximnasio para fortalecemento muscular e desde logo creo que para millorar o tempo da maratón e necesario facer mais días, eu teño 1h 31´e 3h30´o cal reflexa esa falta de fondo. O que non teño nada claro e que sexa necesario facer tiradas mais longas.Eu seguindo este plan de runnersworld fago unha hora a 6´ e logo vou aumentando o ritmo ata acabar a 4´30”… e iso mesmo fixen tanto en Valencia coma en Barcelona permitindome acabar disfrutando sen enfrontarme ao temido muro pese ao meu escaso entrenamento….
Xa vedes… cada un de nos é un mundo… e para mín, o importante e sair a disfrutar sendo moi prudente co ritmo… ao principio a todos nos sobran forzas… O meu consello… Sentidiño!!!!
Vaia rollo