Mar, 13 Dec 2011, 18:12
Asunto: Re: Un reto para todos no foro
Boas a todos,
interesante idea. As miñas ideas ó respecto:
- O percorrido total polas 7 cidades é de, máis ou menos, como xa apuntaban máis arriba, 530 Km.
- Dividi-lo percorrido en etapas de 10 Km. para que todo o mundo poida afrontalas e sexa un reto máis popular (total: 53 etapas). A un ritmo suave (6 min./Km.) en modo nonstop da un total de 53 horas. Se engadimos 2 horas por retrasos e tal son 55 horas.
- Saíndo o venres as 12:00 de Santiago, chegaríase de volta a Santiago arredor das 19:00 horas do domingo.
- Darlle unha vertente solidaria. Se conseguisemos unha(s) empresa(s) que patrocinase o evento, doando X cts. ¿€?/corredor/Km. con controis de firmas en cada punto de saída e chegada penso que teriamos un evento de grande repercusión para o foro (como organizador) e para o propio patrocinador.
- ¿A mellor época? Penso que no vran, pero máis que por consideracións meteorolóxicas e de disponibilidade da xente (que tamén) por unha sinxela razón: non hai noticias e os medios teñen que "inventalas".
Saúdos.
PD: unha vez que estea claro o número de participantes tamén se poden facer camisetas de correrengalicia.org + patrocinador(es) para corre-lo reto (máis publicidade para todos).
"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.