Dom, 18 Dec 2011, 21:22
Asunto: Re: Lugo Monumental 2011
Para min tamén era a primeira participación na Monumental. Este ano púselle os cornos á de Boiro. A organización perfecta. As carreiras de nenos raiaron a perfección. (Mágoa dunha medalla para os minis, a miñapeque quedouse un pouquiño amolada...)
En canto a carreira "jrande", impresionante. Os caixóns de saída, perfectos. Nada de tapón na saída. Correr polo casco antigo de Lugo e despois pola súa muralla non ten prezo. A min o percorrido gustoume tanto ou máis que a de Santiago.
Agora, é dura de carallo... A rúa Recatelo ou algo así fíxo que se me acenderan algún testigo de alarma, e a muralla... chégalle. Según o meu Fore saen 228 metros de desnivel vertical positivo ¿É posibel?
Despois en meta... todo perfecto. Unhas sopiñas de allo sería xa para Cum Laudem.
En canto a miña marca persoal, 40:49 según o chip, e 40:38 dende que pasei baixo o arco de saída. Estou moi contento...
O das duchas, pois a verdade é que un pouquiño de medo se daba.
Ogallá siga avante esta carreira, e a ver se os organizadores, de San Cibrao, Boiro e Lugo, póñense de acordo para que non coincidan na data, que é unha auténtica mágoa.
www.subeaobarbanza.blogspot.com