Mar, 20 Dec 2011, 11:33
Asunto: Re: SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO 2012
A mín prevaléceme un bó recordo ante outro malo dende fai xa, nove anos. Estaba embarazada da miña primeira filla (de catro meses) e fun cuns amigos á "Subida a SAN MAMEDE". Foi a última carreira antes de coller o descanso maternal. Para mín foi moi especial e moi bonita. Esa Serra foi moi especial, agora toca devolverlle o favor¡¡
Agora teño xa, dúas fillas e espero estar ahí colaborando por unha boa causa.
Por certo, o recordo malo, non foi tanto...só alguén que quedou de baixarme en coche devolta e me deixou tirada. Tiven que voltar a pé. Pero eu como sempre lle busco "a mensaxe positiva" valeume para facer mais deporte e para saber con qué "amigas" se conta. Bueno, realmente era unha "coñecida".