Xov, 15 Dec 2011, 14:50
Asunto: Duatlón de Reis na Costa da Morte
Tal como vimos facendo os últimos anos, en xaneiro de 2012 organizaremos un duatlón en Reparada (concello de Vimianzo) aínda que este ano terá novidades que irei poñendo aquí en días vindeiros. Como recordaredes os que participáchedes en ocasións anteriores, trátase dunha especie de adestramento-pique-competición entre amigos, polo que o único requisito para participar era aparecer por alí e listo. Este ano iso vai cambiar algo como xa direi.
A proba consiste en dar 3 voltas en bici de montaña a un circuito e rematar cunha volta correndo. Cada volta ten uns 9100 m (metro arriba, metro abaixo). O ano pasado era ó revés (empezabamos correndo).
Se embargo tamén existe a opción de facer só o tramo de bici, só o de carreira ou mesmo 2-3 voltas correndo, como será o meu caso (teño pensando correr a maratón da Coruña e espero aproveitar para dar 2 ou, se non morro antes, 3 voltas).
Bueno, proximamente máis información. Tan só dicirvos que este ano limitamos a participación a 100 persoas e xa vos diremos como apuntarse. O que si podo adiantar é que A INSCRICIÓN É GRATUITA