Ven, 23 Dec 2011, 17:04
Asunto: Re: VIG-BAY 2012
Este é un debate que se plantexou xa en anteriores ocasións, xa que a Vig-Bay, sempre foi a carreira máis cara de Galicia. E ademási as subas que fai non son pequenas (o ano pasado non a subiu, por iso este ano tocoulle dobre suba).
Isto e como todo, a lei da oferta e a demanda, eles ofertan un precio por un servicio, os que o queiran a pagar e os que non pois a adestrar o 25 de marzo.
Pode ser, que este ano teña menos patrocinadores e colaboradores. Non lle custaba nada, reflexalo no e-mail que nos mandaron. Tentar de xustificar a suba con este argumento.
Pode ser que os 5 euros, sexa para poñer máis autobuses e que non nos deixen "tirados" máis dunha hora en Baiona (eu estaba duchado, moitos non).
Pode ser que vaian a poñer "buffet libre" o rematar a proba, para que os típicos "buitres" enchan a despensa.
Pode ser....etc.
Eu coma os derradeiros 6 anos posiblemente estea en Samil, xa que é unha proba que me encanta. Pero eso si esperarei o derradeiro día para inscribirme.
P.D.: Visto esto, a quen lle parece cara a Maratón de Coruña.
UN SAUDO