Mér, 23 Nov 2005, 14:30
Asunto: Costas
Moisés:
O mellor xeito de prepararte para as costas é:
1. Antes da preparación específica para unha carreira, é dicir, cando faceos o traballo de base, facer costas pautadas: por exemplo 10 costas de 200 metros, intentando incrementar o ritmo na fin da subida.
2. Ao inicio da preparación específica facer ximnasio (sóleos, xemelgos, cuádriceps) que nos permita incrementar a nosa potencia no tren inferior.
3. Coidar os abdominais ao longo da nosa preparación, porque nas costas son uns músculos especialmente importantes para nos manter en posición vertical nas subidas (postura económica9.
4. Ao longo dos nosos entrenamentos, adicarlle un día a semana a correr por terreos virados e rompepernas.
Eu adopto o sistema mixto:
a) Fago costas no inicio da preparación específica da temporada.
Un día á semana tento correr por terreos variados.
c) Entreno na Alameda de Compostela, e métome 150 escadas entre peito e espalda cada vez que vou entrenar.
d) Fago sempre entre 100 e 150 abdominais despois de cada sesión de entreno.
e) O ximnasio intento evitalo, non me gusta, ainda que o manuel dí que é moi bó. E mais, estou dado de alta e só fago abdominais.
Todo o anterior fágoo, porque peso 74 quilos, que son moi malos de mover polos camiños e estradas da nosa Galiza sen estar fisica e mentalmente preparado para afrontalos.
Unha aperta e ánimo. Eu fáloche desde a experiencia persoal.