Dom, 01 Xan 2012, 9:39
Asunto: Re: I San Silvestre Pontesa
lihto, quero aclarar para todos o tema das camisetas, porque me deu moita rabia que a xente quedara sen ela.
Nosoutros primeiramente encargamos 100 camisetas, que son as que están anunciadas no cartel e as que garantizamos que teríamos. Xa que fixemos todos os encargos e as xestións con tempo.
Visto o éxito de participantes, decidimos encargar unha segunda tanda de 100 camistas máis, para darllas ós 200 primeiros inscritos, esto a modo de agradecemento pola participación e por apoiar a proba, pero xa non garantizandoo. Logo aínda encargamos 150 máis, polo que de 100 que íamos a ter encargamos 350 para os primeiros inscritos, co cal case todo o mundo tería camiseta na carreira/andaina.
Cando o xoves fumos a buscar as camisetas dixeron que estaban todas (eles referíndose a que todas as que tiñan xa estaban impresas), e a nosa sorpresa cando estamos a entregalas o sábado é que xente á que xa lle tiñamos asignada camiseta polo rexistro que eu tiña quedaba sen ela.
Chamamos á copisteria e ó final as últimas 150 non deu tempo a que chegara o pedido. Polo cal entregamos 200 camisetas. Gustaríanos ter entregado a todo o mundo, pero como digo, tíñamos aseguradas so 100, como mencianamos no cartel.
Polo tanto,éxito de participantes!!!! gracias ó éxito que tivo esperamos para o ano contar con máis presuposto e máis patrocinadores, porque este ano ó ser unha novidade no pobo tivemos que facer malabarismos para que todo nos cadrara.