Sáb, 07 Xan 2012, 13:05
Asunto: Re: VIG-BAY 2012
Eu afortunadamente xa non teño que decidir (posto que estarei en Barcelona).
A organización é de supoñer que xa se plantexaría hacia onde quere ir no futuro con esta proba. Pero penso que nuns tempos como os actuais, con moitos corredores en paro e nos que á xente que ten sorte de traballar lle baixan o soldo de forma sistemática, parece que eles se desmarcan da situación actual e se columpian subindo as inscricións un 33%.
Por outra banda, en ningures (nin neste foro nin na súa páxina web) ninguén da organización tivo o detalle, ou a gallardía, de tratar de explicar os motivos desta suba, que poden ser discutibles, pero decidiron non explicala, preferiron a táctica do avestruz e seguir recaudando. Na Lugo Monumental tamén tiveron problemas económicos polo descenso de aportacións públicas, pero tiveron claro que o sentido desa carreira é netamente popular, polo que optaron por non ter premios en metálico. Esa é a diferencia entre ambas. Por todo o cal parece ser que na VigBay a promoción do deporte é secundario e priman outros intereses.