Lun, 09 Xan 2012, 12:05
Asunto: Re: guia de como correr descalzo ou sen amortiguacion
Boas blas62:
por partes: a páxina web correrdescalzos.es non está patrocinada por Merrell, nela verás anuncios de máis marcas (coñezo ós creadores).
Aparte diso, as marcas poden produci-lo que queiran. Non hai que ter un "certificado de pureza" para producir calzado minimalista. É un sector do mercado coma outro calquera.
Se buscas en Youtube atopara-lo famoso vídeo de Kupricka serrando o talón dunhas NB antes de que estes producisen zapatillas minimalistas e de que fose un corredor patrocinado. Está como trailer do documental "Indulgence". Ademáis, o propio Kupricka comentou nalgunha entrevista (e na súa páxina web) que corre uns cantos kilómetros descalzo á semana, e non creo que os seus patrocinadores lle obriguen a iso.
Se les o libro "Correr o morir" de Kilian Jornet atoparás un parágrafo no que fala da súa forma de correr, que podería definirse como minimalista.
Aparte diso, as zapatillas de Salomon son, digamos, voadoras de montaña, non minimalistas propiamente ditas.
Aquí tes o novo modelo minimalista de Adidas (férrea defensora da amortiguación):
www.zapatillasminimali....html#more
Novamente, que cada un corra como queira. O minimalismo non é a panacea do correr, nin un método infalible para ir máis rápido. Do que se fala é de saúde, de forzas de impacto nas articulacións (e no resto do corpo, claro). Se o minimalismo lle axuda a alguén a superar unha lesión, mellor que mellor. Se o minimalismo axuda a que a xente se preocupe pola técnica de carreira, benvido sexa porque igual se poden correxir defectos, independentemente de que a xente adopte o minimalismo ou non.
O que non atopo xusto é que cada vez que se fala do tema saía xente insinuando se estamos tolos ou falando de modas. Pregunto de volta: ¿qué pasaría se nun fío no que se pide recomendación sobre tal ou cal zapatilla sae alguén dicindo que o da amortiguación, control de pronación, soporte é todo un invento das grandes marcas, que hai que correr minimalistas (por coll...)?
Resumindo: falamos doutra opción mais para correr, como quen escolle o color das zapatillas.
Saúdos
"Quen da longos pasos non pode ir moi lonxe." Dào Dé Jing, Lao Tsé.