Ven, 13 Xan 2012, 14:38
Asunto: Re: Duatlón de Reis na Costa da Morte
juandepila escribió: |
A bici de ciclocros ten lixeira vantaxe, pero non todo o mundo está atento ós correos para saber a normativa da proba. A xente apúntase e despois van a proba, moitas veces sen mirar regulamentos.
O que quedou de segundo seguro que levou a bici de ciclocros porque creía que era mais rápida pero tamén descoñecía que non se podía utlilizar.
Ademais que sexa o actual campion galego de ciclocros, master 40 dalle mais merito o campion. |
Precisamente o que dis nos tres primeiros renglóns, é un dos motivos polos cales non queda moi elegante descalificar a ninguén. Outro dos motivos foi que, tendo en conta que os premios eran tan só trofeos e que a idea da proba é simplemente pasalo ben (xa sei que a todos nos gusta ganar pero insisto en que nos premios non había pasta), pensamos que o mellor foi, polo menos este ano, pasar de todo nese aspecto. E conste que o máis perxudicado foi o 4º clasificado, que é un dos colaboradores na organización da proba.
E tamén por iso ó rematar a carreira decidimos que para o ano cada un que traia a bici que queira, tendo en conta o percorrido (vamos, que se alguén quere traer a de carretera que a traia pero o máis probable é que ós poucos km a teña que levar ó chatarreiro jeje). Recomendaremos a de montaña, pero bueno, cada un terá liberdade.