Xov, 19 Xan 2012, 18:46
Asunto: Re: duatlón vixiador
Hola, para todos os que estedes interesados nesta proba, pasovos información sobre ela.
Organiza: CLUB TRIATLON MAR DE VIGO
Federación Galega de Tríatlon e P.M.
Patrocina: Concello de Vigo
Colaboran:
Rodosa / Begano Coca Cola / Cruz Vermella Vigo/ Que bici! / Deportes Marcial / Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia / Fundación Deporte Galego / Chapistería Angel Sampayo / Alimentación Paco Tielas / Comunidade de montes San Cristovo de Candeán / Comunidade de montes de Cabeiro / Pastelería Imperial / Concello de Vigo / Aguas Mondariz
Data: 5 de febreiro de 2012
Saída: 11:00 da mañá saída masculina e feminina no Parque Forestal do Vixiador de Candeán-Vigo
Horarios:
Recollida de dorsais: De 09:30 a 10:30 na liña de saída
Control de material: Comezará as 10:00 a e finalizará estritamente ás 10:45
Reunión de Delegados: Ás 10:15 horas
Distancias:
5.500 m.-20 Km.-2.750 m.
INSCRICIÓNS:
Ata o martes 31 de Xaneiro
Categorías: Absoluta, Xunior e Veteráns, masculina e feminina.
Premios: Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría (m/f) e ós tres primeiros equipos clasificados tanto masculinos coma feminino.
Premios especiais: Tódolos deportistas recibirán ó remate da proba un agasallo e o avituallamento ó devolver os dorsais.
Regulamento: A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon.
RUTÓMETRO
1ª carreira a pé 5.500 m. O 1º sector de carreira a pé consta dun treito sinalado convenientemente de 2.750 m, o que se da dúas voltas, que descorrerá polas pistas do Parque Forestal do Vixiador, será por terra con firme irregular nalgunhas zonas. Os primeiros rematarán este sector en 20 minutos e os últimos en 30 minutos, aproximadamente.
20 km BTT (tres voltas ó circuíto). O sector de ciclismo constará de TRES VOLTAS. A saída estará no parking da cantina do parque onde está situada a área de transición, para continuar dirección ó alto do Coto Rachán, xirase a esquerda para descender por camiños, pistas e sendeiros estreitos ata as proximidades da Pedra da Ferradura( ollo as cunetas polas que cruzamos e as trialeiras da última baixada).
O circuíto vira cara ó norte e atopámonos cun ascenso de pista ancha, logo de LLANEAR, chegamos a unha baixada rápida de pedra solta (atención) ó cruce dunha pista dende onde se ascende ata Coto Rachán por pistas forestal ancha pero irregular para descender por unha senda entre piñeiros moi rápida que nos leva ata o merendeiro do parque forestal.
Os primeiros rematarán este sector en 60 minutos e os últimos en 100 minutos aproximadamente. O percorrido é o 100% ciclable pero compre prestar atención nos puntos arriba sinalados.
2ª carreira a pé 2.750 m (unha volta ó circuíto).O terceiro sector de carreira a pé repite o percorrido do primeiro sector, pero en sentido contrario. Os primeiros completarán este sector en 11 minutos e os últimos en 18 minutos aproximadamente.