Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Xov, 05 Xan 2012, 17:58 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Descoordinación, incluimola no calendario do circuito, pero esquecemos troca-lo banner no calendario da web, pido disculpas. Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Mar, 10 Xan 2012, 16:35 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Enviouse o posto 250 na carreira da auga a nome de PilarMarquiz e non aparece na clasificación,
Enviouse o posto 61 na carreira de negreira a nome de charly e non aparece na clasificacion.
Higui Maratoniano
21/04/11
237 Carreiras
82 Mensaxes
A Coruña
Mér, 11 Xan 2012, 22:52 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Boas noitas, gustaríame que alguén me explicase porque a carreira nocturna de Reis en Lugo ten coeficiente 1,25 e se marca como 6 kms, si é un circuito de duas voltas e en total 4.050 metros (tríptico da proba), ¿non debería ter coeficiente 1?.
Un saudo.
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Xov, 12 Xan 2012, 17:17 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Pois sería un erro meu, revisareino. Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Xov, 12 Xan 2012, 17:21 Asunto: Re: INCIDENCIAS
De tódolos xeitos... e ben mirado. Sabes porqué se fixo así? porque daquela non había mais info. agora que vexo o PDF do circuito xa o corrixo. Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Higui Maratoniano
21/04/11
237 Carreiras
82 Mensaxes
A Coruña
Ven, 13 Xan 2012, 15:43 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Boas Kandpalleiro, non te quero liar, pero o que che quería decir é que o total da proba son 4.050 metros (e decir duas voltas a un circcuito de uns dous kms) e polo tanto o coefeciente que figura no calendario de probas sería 1 non 1,25. Non si?.
Penso que en relación o ano pasado, e vendo o circuito deste ano, ten como moito 2 kms por volta.
Perdoa as molestias e grazas.
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Sáb, 14 Xan 2012, 5:57 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Molestia ningunha o que pasa é que eu non tiña o cartel cando se incluiu a proba porque, como saberás, estaba previsto facela en outro circuito.
Xa está correxido tanto no calendario da web como no do circuito 4050 mts e coeficiente 1 Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Jaimito Novo foreiro
26/09/11
0 Carreiras
11 Mensaxes
Lun, 16 Xan 2012, 10:11 Asunto: Carreira Mugardos-Ares
Ola, o pasado día 31 de decembro corrín a San Silvestre Mugardos-Ares. Rematei a proba e non aparezo na clasificación. O meu dorsal era o 472 (Jaime Vázquez Meijide). Mirando a clasificación comprobei que as tres persoas que foron comigo á carreira, non aparecen nin no posto ni co tempo que fixeron, polo que está bastante claro que a parella que apuntaba na chegada os postos liouse bastante, xa que moitos corredores chegabamos á meta co dorsal na man ou incluso sen el. Eu reclamo os puntos que me corresponden xa que a rematei e paréceme inxusto que debido a un erro da organización quede sen eles.
Un saúdo.
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Mar, 17 Xan 2012, 5:52 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Hola Jaimito, debo remitirche ó que pon o regulamento; esto é: primeiro reclamalle á organización da proba.
Si por esa vía xa non podes facer nada entra no fio da proba e solicitalle á xente (que non sexa da túa equipa ou parella) que che faga de testemuna NESTE FIO, tamén podes buscar nas fotos da proba (se as hai) e ENLAZAR NESTE FIO as fotos nas que aparezas sempre e cando alguén testemuñe que ese da foto eres tí.
Debes comprender que si só tomamos en conta o testemuño do que reclama esto sería a "casa de tócame roque". Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Jaimito Novo foreiro
26/09/11
0 Carreiras
11 Mensaxes
Mar, 17 Xan 2012, 16:19 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Boas Kandpalleiro, á organización xa non lle podo reclamar e nas poucas fotos que atopei non aparezo. Tampouco coñecía a moita xente, que non fose do meu equipo, da que participaba na Mugardos-Ares, soamente a dúas persoas: Pedroramos e Xeliño. Poñereime en contacto con eles para que dean fe neste foro de que rematei a proba. Un saudo.
Jaimito Novo foreiro
26/09/11
0 Carreiras
11 Mensaxes
Xov, 19 Xan 2012, 10:04 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Ola de novo Kandpalleiro, comunicarche que dou por perdidos os 150 ptos que me corresponden da Mugardos-Ares, pois resúltame complicado demostrarche a miña participación nesta proba. Eso sí, gustaríame decirche que en todos os anos que levo participando no circuito nunca fixen ningunha reclamación, o que considero un punto a favor para crer na miña palabra, pois eu non teño ningunha intención de converter o circuito na casa de tócame roque. Ademáis, se soubese que iades poñer tantas trabas nin houbese reclamado. Tamén decirche que eu non cometín ningún erro polo que considero que non é a miña labor solucionar un problema orixinado pola organización da proba e que indirectamente, tamén é voso coma organizadores do circuito. Por último agradecervos a vosa labor coma organizadores desta competición popular, aínda que penso que neste caso en particular non tendes a razón. Un saúdo.
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Mar, 24 Xan 2012, 19:58 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Hola Jaimito; podo entenderche e comprende-lo teu enfado, pero non son "trabas" é simplemente que podamos xustificar darche os puntos sin estares na clasificación oficial da proba. Si tal fixéramos abriríamos a porta a graves problemas que xa tivemos no pasado.
Dende logo non concordo con que sexamos nós os que teñamos que lidiar coas organizacions das probas neste aspecto ainda que si queremos ter en conta estes problemas á hora de aceptar a inclusión de carreiras no circuito que é, lémbovos, gratuito para os participantes e os organizadores. Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Xov, 09 Feb 2012, 20:35 Asunto: Re: INCIDENCIAS
boas, Kandpalleiro.
enviei os meus puntos da carreira do cocido, e a distancia pon 1 kmt en lugar de 10 kmts.
Supoño que non afecta eso os puntos que me dades , que son 161,41 ptos. por quedar de 170 na calasificacion xeral, pero afecta o números de kmts disputados, que son 77,8 en lugar de 68,8 como aparece escrito.
un saudo. o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
Kandpalleiro Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Xov, 09 Feb 2012, 20:56 Asunto: Re: INCIDENCIAS
Pois estraname que ninguén comentara nada; Xa o corrixo, grazas. Fas exercicio ou deporte? acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Non podes descargar arquivos