AveFenix escribió: |
Se navegas un pouco na web ves cousas como que na sección "Envíos y Devoluciones" www.zapatillaasics.com/-ezp-26.html hai parte en español, parte en inglés,... o cal non da moi boa imaxe. Os textos non teñen unha calidade excelente. Vese que hai fallos ortográficos, anque sexan mínimos. Se buscas en Google o teléfono que poñen 852-3068-0757 aparecen un montón de tiendas Made in China. Mira o enlace que hai no pé de páxina, a un sitio chino new.cnzz.com/v1/login....id=3600424 Ademais non fun capaz de encontrar que empresa está detrás de todo o tinglado, o que moi boa imaxe non da. Se fose unha empresa española non estaría cumplindo coa lexislación, concretamente coa Lei 34/2002 (LSSICE). Agora, entrando no material que venden, se comparas os precios que teñen nesta web dun modelo concreto, por exemplo das ASICS KAYANO 17 www.zapatillaasics.com...-c-59.html cos precios que ten nunha das tendas online máis baratas que hai (wiggle) www.wiggle.co.uk/?s=AS...AYANO%2017 , poderás ver que a diferencia é de case o doble de precio. Conclusión: baixo a miña opinión, os modelos que venden aquí son máis falsos que un billete de 15 euros, pero tampouco cho poido asegurar, é unha apreciación persoal. Eu para correr non os compraría ahí nin de coña. Outra cousa é que busques unhas zapatillas deportivas para outro fin, como o modelo Asics Mexico 66, para un uso máis informal. |