Dom, 17 Dec 2006, 17:57
Asunto: ritmos rodajes
Hola, ¿Qué tal?
Son novo nesto de correr e ainda que me vou informando sigo tendo unha gran dubida cos tempos das rodaxes.
A miña idea e facer 10km en menos de 50' pero eu fago os meus rodaxes (50' a 60') (collendo tempos de revistas e paxinas web) entre 5'30 e 5'50 km., chegando en ocasions a 5'20. ( corro entre 2 ou 3 dias a seman).
Ainda que non acabo fresco tampouco acabo demasiado canso, pero as veces que intentei rematar a 5' os derradeiros km. resultame casi imposible.
A miña idea e baixar dese 50' na primaveira pero e que non vexo a posibilidade de facer 10 km a 5' , un ritmo que agora mesmo so podo soportar un par de km. ,non mais e acabo totalmenet esgotado.
Non sei se terei o liston moi alto, pero correndo O San Martiño en Ourense fixen 53'20'' e rematei bastante ben.
A verdade estou un poco atascado neste tema. Axudademe que me estou desmotivando