Xov, 24 Nov 2005, 14:40
Asunto: E verdade
Reitero a ANIMACIÃ?N a participar.
Trátase dunha fermosa carreira. Rápida, se cadra máis rápida ca do San Martiño. Eu fun as últimas 2 edicións e gardo un recordo excelente. 2 voltas ao contorno da Muralla e a última por riba dela, con area. Esta última volta é dura, ´máis lente, e con costas e baixadas. En todo caso resulta emocionante correr pola area e sobrevoar a vella LUCUS.
As miñas sensacións dinme que, nos anos anteriores lle faltaban 300 ou 400 metros para chegar aos 10 quilómetros. Tanto tén: non nos debemos obsesionar pola marca por quilómetro, nin pola medición exacta.
Eu sí que estou obsesionado co cocido que lle imos meter despois da carreira, alí e Lugo, os membros do equipo, amigos e acompañantes, regado cun bo viño de Amandi. Na zona vella hai moitos e bós restaurantes, atendidos pola sempre garimosa xente de Lugo.
Xa estou desexando que chegue o día.
Este ano creo que entrou FILA na organización e no patrocinio.
VEMONOS disfrutando de 2000 anos de historia AUGUSTA.