Mér, 16 Mai 2012, 11:42
Asunto:
A Asociación Veciños de Amorín, Concello de Tomiño e o Club de Atletismo de Porriño, organizan a IV CARREIRA POPULAR DE AMORÍN (“CARREIRA POR A INTEGRACIÓN” “GOTAS PARA NIXER”)
que se celebrará o domingo, día 3 de xuño de 2012, a partires das 11:00 horas, diante da igrexa parroquial de Amorín, no Concello de Tomiño.
Esta edición 2012, presenta unha extraordinaria novidade; a colaboración con UNICEF. baixo o lema, “Gotas para Nixer”. A IV Carreira de Amorín, colaborará para contribuír a conseguir as metas establecidas nos Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio, concretamente, no obxetivo 7: “Reducir á metade, as persoas sen aceso sostible á auga potable”.
Esta colaboración voluntaria, poderse facer de varias maneiras:
• Mediante a inscrición dos participantes na categoría absoluta, ao retirar o seu dorsal en secretaria
• Mediante a aportación das persoas que asistan ao evento.
Dado o carácter popular da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen limites de idade.
A inscripción é de balde, agás a categoría absoluta.
Todos os participantes levarán medalla e haberá trofeo para os tres primeiros en cada categoría.
Esta carreira é puntuable para o circuito CORRER EN GALICIA.
Nesta IV Carreira Popular de Amorín, participan persoas con discapacidade.
Para inscribirse, ou ter toda a información necesaria referente a esta carreira, coma horarios, inscripcións, categorías, percorridos, etc. Visiten a web
www.damorin.es no apartado Carreira de Amorín ou no enderezo electrónico avdamorin @ gmail.com