Mar, 06 Dec 2005, 13:12
Asunto: EXCELENCIA
CONSELLO SOBRE ZAPATILLAS:
Dentro da onda consumista de probar de todo (Saucony, Adidas, Nike,..), deixeime levar polo amigo AMANCIO de Compostela. Explícome:
Fai dous meses pedinlle a Amancio unhas zapatillas de entrenamento para 74 quilos, que non fosen nin moi lixeiras nin moi pesadas. E recomendoume as ASICS GEL 1100. Foi unha experiencia lamentable e fixéronme unha binchoca no talón.
O pasado venres, Amancio insistiume nunhas Asics para entrenar. E agora faloume das GT 2100, unha escada máis na gama. Son unhas zapatillas grises, discretas e cun diseño pouco espectacular.
Pero amigos, Cando hoxe poloa mañá as probei, rodei, rodei, rodei, e non quería parar: estabilidade, amortiguación media, tracción, lixeireza, adaptabilidade. E certo, do mellor que teño posto nos pes.
Chego á casa, vexo o número de Runners deste mes de decembro, e leo, como coincidencia que
"Expertos de todos os paises do mundo declararon que esta zapatilla ASICS GT 2100 foi declarada como a mellor do mundo.
En todo caso, reitero o que veño manifestando no foro. Coas zapatillas pasa coma cos coches, por exemplo. Cando metemos arredor de 100 euros, todas deberían, e de feito son boas (Un simil sería Mercedes, BMW, Audi, Toyota, Volvo...... vs. Mizuno, Adidas, Asics, Nike, Saucony). E isto non significa que haxa calzado de Kelme, Puma, (vs. Seat, Skoda) que non vaia moi ben.
Hoxe dígovos esto, e para competir falareivos das Saucony Fastwick.
Unha aperta.