Lun, 06 Feb 2012, 16:00
Asunto: Vendo New Balance 805 (sen usar)
Vendo este modelo de New Balance. Son zapatillas para competición en distancias curtas (ata 5 quilómetros) ou para distancias mais longas en corredores/as lixeiros/as. Ideais tamén para facer series rápidas, por exemplo na pista, se non queres abusar das zapatillas de clavos.
Non as cheguei a usar porque necesito maior amortiguación no tendón de Aquiles, debido a distintas lesións.
A talla é 40 (EU), 7 (US), 6 1/2 (UK), 25 (CM).
O prezo: 30 euros (a min costáronme 39).
Eu vivo en Compostela e ando con frecuencia por Ferrol, por se sirve para facilitar o envío.
Grazas!