Dom, 12 Feb 2012, 15:13
Asunto: Re: guia de como correr descalzo ou sen amortiguacion
onte disputei o trail nocturno da Illa de Arousa , 23 kmts, cas vivo barefoot neo trail.
Nunca fixera tanta distancia nin tanto tempo correndo (2 h : 24 min ), e non teño hoxe apenas molestias.
O agarre nas rochas molladas foi bo, o trote pola area tamén, o mesmo que por camiños de terra e os tramos de asfalto.
O que mais medo tiña era os cristais, que fun evitando, e as rochas puntiagudas, nas que había que coller o xeito de afontalas.
xa teño claro que as vff van de cine no asfalto e terra pisada, e as Vbnt van moi ben en trails co terreo pouco limpo.
Agora toca canicross en Boiro, cross de Ordes, trail de Oleiros, trail do Galiñeiro, trail do Courel......
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO