Sandro escribió: |
Que envidia me destes todos...!!! Nos primeiros 400 m. do quecemento o meu tendón xa dixo que hoxe non corría, polo que tiven que adicarme só a sacar fotos. Quedei alucinado do enorme número de corredores, con mais de 500 inscritos. Como sempre, os organizadores dispuxeron unha carreira perfecta. Na miña opinión, gran acerto no cambio de percorrido. Así puiden vervos pasar en 2 ocasións (unha a cada lado da vía do tren), e sacar mais fotos. Ainda por riba, menuda climatoloxía para ser o mes de Xaneiro. Ver para creer..!!! Saúdos. |
xoseavion escribió: |
Pois eu estou un pouco alucinado co bo nivel atlético da proba. De feito, había tempo que non quedaba máis atrás do 20% dos participantes. Eu non estiven brillante, fátame máis dun mes para comezar a ser competitivo, e a miña preparación e cualidades parecen adaptarse mellor para distancias máis longas. Ademáis tiven problemas estomacais (por comer tarde e demasiado) e cos tenis novos que me produciron bochas nos pes. Aínda así, paréceme que o meu tempo non é peor do que podía esperar, e achaco a miña chasificación mais a méritos dos demais que a deméritos meus. Noraboa a tod@s @s participantes e á organización. Grazas aos fotógrafos polas fotos colgadas |
xoseavion escribió: |
non, cunhas ds trainner vermellas. Pregunta de galego (ou de Mourinho)... Por que? |