Mar, 14 Feb 2012, 22:13
Asunto: Estou correndo ben?
Hola. Levo uns anos 3 correndo "case" a diario.
Empecei con motivo de adelgazar (pois cheguei a pesar 96kg) e a día de hoxe fluctúo entre los 71-74kg (según época jajaja).
O caso é que xa fai 2 anos que rondo ese peso, e realmente corro para manterme en forma. Pero o que non sei é se o fago ben. É dicir, empecei a correr pola miña conta, sen seguir ningún tipo de entrenamento nin guía... o meu era correr para diante e facer mínimo cada día 4km's para mantela forma.
Pero claro, non sei se corro como un cabestro e o fago ben, ou tería que ir máis amodo e facer menos kilómetros (a día de hoxe, en Santiago fago 7,5km).
Últimamente uso o programa Endomondo de Android para rexistrar as miñas actividades (km's,tempo,pulsacións...etc.)
Aquí podedes ver o rexistro das miñas actividades:
http://www.endomondo.com/workouts/37927385
Quería pedirvos de favor, que se lle podedes botar un vistazo e decirme según o que veces, se o fago ben, ou en como debería variar a miña actividade (máis rápido e menos kilómetros, ou máis lento e igual,máis ou menos km's...etc).
Logo a hora de carreiras, pois vou a poucas. Fun o ano pasado a da Costa da Morte (en Zas) e acabeina ben.
Agora vou ir a de Camariñas o 4 de Marzo
Gracias pola vosa axuda!
Un Saúdo!!
pd: ahí vese pouca actividade estes últimos días, porque normalmente cando tou en exámenes apenas saio a correr e aínda acabei a semana pasada