Mér, 29 Feb 2012, 22:50
Asunto: C.P. Solidaria do Barbanza - Corremos por Paula (7/4/2012)
Hoxe pola tarde, vense de presentar a
I CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DO BARBANZA 10 KM - CORREMOS POR PAULA.
Esta proba esta organizada polos Concellos de Boiro e Pobra do Caramiñal, a A.A.D. BARBANZA e unha chea de organizacións da bisbarra.
As probas estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago).
A data elexida é o vindeiro
sábado 7 DE ABRIL , ás 17 horas, con saída en Boiro e chegada na Pobra do Caramiñal.
Celebraranse probas de 10 km. dende Junior a Veteráns (masculino e feminino), de categorías escolares ( masculino e feminino), e unha carreira da Muller de 4 km. e categoría única.
Trátase de recadar fondos para a causa de Paula, de seguro que coñecedelo caso desta nena de Boiro que naceu sen sacro, e que se esta a someter a unha serie de operacións en Alemania.
Máis info en
www.apobradeportes.com/
Deporte e solidariedade....
Todos/as corremos por Paula.
Un saúdo.