Xov, 01 Mar 2012, 12:50
Asunto: Re: 4º carreira popular San Brais.
O meu primeiro comentario no foro para animar á organización desta fermosa carreira a que nos sigan agasallando por moitos anos coa hospitalidade das xentes da súa barriada que contrasta coa dureza case que hostil dun percorrido non apto para pernas frouxas, que non podo máis que aplaudir pola súa singularidade en canto a distancia e perfil nun calendario de populares no que se agradece unha proba destas características.
Moi contento, en tódolos aspectos, e un pracer poder intercambiar impresións con outros corredores nun ambiente tan agradable e cun chocolate quente entre as mans. Conversando con Serafín ou con Andrés, e facendo bromas cos estupendos chavales do Val Miñor, esquecinme, por un instante, da vella lesión e dos 13 anos sen poder correr, e volvín ser, eu tamén, un chaval de vinte e poucos anos intentando correr cada día máis rápido.
Moitas grazas, Darío, Saladino e demáis membros da organización pola vosa amabilidade e grazas tamén a foreiros como ABYOPO ou yomismo, que non coñezo persoalmente –ou iso creo-, pero valoro o tempo que adican a aportar ideas que –no seu criterio- poderían sevir para mellorar aínda máis a carreira.
Ata o ano que ven e desculpas se me puxen un chisco sentimental.