Foros ›
Autor
Mensaxe
canguitas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/07
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Feb 2012, 13:25
Asunto: Estudio da pisada en Podoactiva

Hola,

estoy valorando o de facerme un estudio da pisada xa que leva marios meses con lesións en recaídas.

Fai uns días falárome de Podoactiva como punteiros en estudos de pisada e elaboración de plantillas.

Vin que na Coruña teñen unha clínica, a Clínica Ramallal na rúa Arzobispo Lago, 8 – 1º

¿algén ten referencias desa clínica ou que fixese un estudo da pisada nela?

Gracias de antemán.
Runner34

Novo foreiro
Novo foreiro
1/03/12
17 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Mar 2012, 14:21
Asunto: Re: Estudio da pisada en Podoactiva

Ola,

Eu fun á consulta por molestias que arrastraba desde hai tempo e que non me deixaban correr con comodidade.

O que che podo contar ata agora é bo. Na primeira consulta fixéronme un estudo, creo que o chaman biomecánico, vendo como pisaba tanto cando estou quieto como cando corro. Recólleno todo con gráficos e estatísticas nun computador e explícancho moi ben. Despois escanearonme os dous pés e fixéronme unhas plantillas para que me axuden a corrixir as desviacións que me viron á hora de apoiar. O que máis me sorprendeu é o finas que son en comparación coas que levaba ata agora. Adáptanse moi ben á zapatilla e non me molestan.

A moza que me atendeu é moi simpática e parece que traballan con xente de bastante nivel.

Por agora estou moi contento. De momento non tiven ningunha sobrecarga e, aínda que as molestias non se foron de todo, corro moito máis cómodo. A semana pasada tiven a primeira revisión e fixéronme algúns axustes, así que espero seguir mellorando. Supoño que como todo, requiren adaptación.

De pasta, sae pouco máis que unhas plantillas normais, pero polos resultados que estou a ter ata agora, compénsame.

Espero axudarche. Xa nos contarás.

Fran
canguitas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/07
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Mar 2012, 16:06
Asunto: Re: Estudio da pisada en Podoactiva

Moitas gracias Runner34.

¿cánto tempo levas logo con elas?

O que lín por aí e que as plantillas desta xente non son de EVA, si non doutro composto que permite personalizalas máis e ser máis finas.

Un saúdo.
Runner34

Novo foreiro
Novo foreiro
1/03/12
17 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Mar 2012, 14:03
Asunto: Re: Estudio da pisada en Podoactiva

Levo xa un par de meses, así que en pouco tempo xa vou vendo cousiñas.

As plantillas, como dis non son de EVA. Non sabería che dicir o material, pero é á vez ríxido e flexible. Algo curioso
canguitas

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/07
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 31 Mar 2012, 12:32
Asunto: Re: Estudio da pisada en Podoactiva

Xa pedín cita con eles.

Tive que chamar a un teléfono 902 e alí tomáronme os datos. Dixeron que en unha semana - 10 días chamaríanme direitamente da clínica.

E así foi, os 10 días chamáronme para darme cita para o próximo 18/Abril. Polo que entendo non teñen consulta permanente na Coruña se non que veñen de cando en cando.

Teño que levar pantalón corto e unhas zapatillas pra correr. Fan o estudo en estático e dinámico, 1hora aprox. Total 45€.

A ver como sae.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos