Dom, 24 Dec 2006, 17:48
Asunto:
Eu non teño carreiras abondo para encher todas as puntuacións, pero ahí vai o meu listado:
Arteixo: bonito recorrido, ben organizada, premios express, ben compensada de costas... en fin, un (10)
Santiago (8 ) ... non leva un 10 a pesares do percorrido e do ambiente pola tiñada feita co tema dos tempos e polo avituallamento xusto antes da Costiña de Vite... bolsa moi boa... ambientazo...etc. etc.
Carreira do Pavo (6) bonita ainda sendo en circuito pechado... lástima que o pavimento sexa tan tan tan duro...acabou coas miñas pernas... ainda así a organización moi boa e o control de tempos, ainda sen chip nen caralladas, moi bó.
Coia (5) moi boa oganización, pero moi dura para ser unha media maratón... como contra principal que se fai aburrida... como pro principal a inmellorable organización... a bolsa do final abundante, boa, ... en fin
Meaño (4) a pesares da boa organización o tema das duchas deste ano foi o colmo... sólo dous caños para todos @s corredor@s... a entrega de premios nen me quedei... pero moi bo nivel, percorrido bonito e duro
Porriño (3) boa organización, percorrido bo, nivel bo, bolsa final boa... fallou o feito de que non tomaron tempos... polo demáis podía estar 3 ou 4 puntos arriba.
Baiona (2) bastante boa organización pero excesivamente duras as famosas costas de metade de carreira... o resto ben... tempos, servicios, etc... foi un pracer correr polas ruelas de Baiona e orillando o rompeolas... supoño que si tivera feito a Vig-Bay esta estaría ainda máis abaixo.
O Grove-A Toxa (1) vouna puntuar porque a fixen e disfrutei polo percorrido... a pesares de ser solo asfalto... fallou no tema "orjanisativo"... non sei se polo tipiño que non se apeaba do micro ou por qué... sentíndoo moitísimo por
SuperMorais que sei que puxo moitísimo esforzo... lle fallou a compañía (descontrol no punto intermedio, con xente escaqueando... ainda que logo vin o mesmo noutras carreiras aquí clamou ó ceo... descontrol na entrega de premios, nas carreiras de nen@s, no sorteo final... en fin... as duchas xeadas (case mellor que non as houbera)