Lun, 12 Mar 2012, 19:49
Asunto: Re: 10 KM Universidad de Vigo
Pois sorprendeume moi agradablemente a carreira do CUVI.
Moi boa organización, moi, pero que moi bo circuíto (con salsa

), e un regalo orixinal e útil.
Os meus parabéns para a organización
A nota negativa: uns corredores que na cola tiñan unha cantinela que me puxo de bastante mal humor: "que si estas colas son impresentables" "que si los organizadores no aprenden, mira que siempre se lo digo y nada" "que si no hay derecho, porque uno paga" e bla, bla, bla.
Déronme verdadeiro noxo. Quizais deberan saber eses señores (non os considero corredores populares) que esa rapidez que tanto esixen ten un custe, e que esos 5 euros que cobran non dan nin para media merenda dos custes da carreira.
O que digo eu. Ó final catro pijillos van a facer tanto ruído, que ós organizadores vánselle encher tanto as narices que van acabar cobrando o custe real da carreira "para hacer todo totalmente profesional", e non escoitar a esos catro pailáns.
Perdoade polo rollo, pero tiña que desafogarme.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es